A Organización resérvase o dereito de modificar as bases co único requisito da súa publicación nesta, a páxina web oficial do evento.

Organización

Dirección técnica

Luís Fraga Encinas

Entidades colaboradoras

Escola Xadrez Pontevedra
Concello de Poio
Asociación Xadrez A Saleta

Webs oficiais

https://concellopoio.gal
https://xadrezpontevedra.com/

Sede

Espazo Municipal Xaime Illa
Rúa da Igrexa, 16, 36992, Raxó- Poio (Pontevedra)

Data

Sábado, 5 de xullo de 2025

Inscrición

Inscrición telemática gratuita na páxina web oficial do evento:
https://xadrez-apecr.com/inscricion/

Bases Técnicas

Disputarase un único torneo aberto a todos os xogadores con licenza federativa en vigor.

Torneo oficial da Federación Internacional de Xadrez. Computable para ELO FIDE RÁPIDO .

Categorías: Absoluta, Feminina, Sub-8, Sub-10, Sub-12, Sub-14, Sub-16, Local.

Aos xogadores sen licenza federativa en vigor, que desexen participar no torneo, ofreceráselles a opción de licenciarse este ano co equipo da Escola Xadrez Pontevedra. A organización do torneo realizará os trámites para obter a licenza, adiantando así o custo desta (actualmente 15€), que finalmente será abonado de xeito presencial polo xogador o día do torneo.

Para as categorías con límite de idade terase en conta o ano de nacemento do xogador, por exemplo serán categoría Sub-12 os xogadores que naceran nos anos 2014 e 2013.

A categoría local estará conformada polos xogadores nacidos ou empadroados no Concello de Poio e que debidamente o xustifiquen o día do torneo.

Se se deran as circunstancias de contar con un número suficientemente elevado de inscritos sen licenza federativa, a organización resérvase o dereito de organizar dous torneos, un master e oficial para os federados e outro amateur para os non federados, coas mesmas normas e horarios pero clasificacións independientes. De ser así, as categorías mencionadas anteriormente serán as categorías do torneo oficial. O torneo amateur sería de categoría única.

O sistema de competición empregado será o Sistema Suízo a 9 partidas. Con un ritmo de xogo de 10 minutos máis 5 segundos de incremento por xogada.

A competición ríxese polas leis do Xadrez da FIDE para este tipo de torneos (90º congreso da FIDE en Baku, Azerbaiyá, 2023). Calquer dúbida que non se resolvan neste documento ou nas bases deste torneo, serán resoltas polos árbitros. As resolucións arbitrais ratificadas polo arbitro principal serán inapelables.

Aplicaranse as Reglas de Competición co engadido das reglas de Xadrez Rápido especificadas no
artigo A.5. do regulamento da FIDE

A primeira xogada ilegal sancionarase engadindo un minuto ao tempo do rival do infractor. Unha
segunda xogada ilegal do mesmo xogador, significará a perda da partida por parte deste xogador.

O uso de calquer dispositivo electrónico queda prohibido mentres o xogador estea en partida.

Toda reclamación deberá ser presentada ao árbitro durante a rolda no que tivera lugar o obxecto da reclamación.

Horario do torneo: Sábado, 5 de xullo de 2025

RoldaHora
11:00
11:45
12:30
13:15
RoldaHora
16:15
17:00
17:45
18:30
19:15

Clausura e entrega de premios: 20:15

BYEs: Os xogadores poderán solicitar byes. Ningún bye será oficial sen a confirmación por parte da organización.
O primeiro bye solicitado por un xogador será de 0.5 puntos, de ahí en adiante os byes que solicite serán de 0 puntos. Os byes para as roldas 7ª, 8ª e 9ª serán de 0 puntos aínda que sexa o primeiro que solicite ese xogador.

Desempates: Empregaranse, por orden, os seguintes sistemas de desempate:

  1. Enfrentamento Directo (DE)
  2. Buchholz Brasileiro * (BH-C1)
  3. Buchholz * (BH)
  4. Media do Buchholz dos rivais * (AOB)
  5. APRO (Para os xogadores sen ELO considerarase un ELO de 1400)

(*) Nas partidas non disputadas aplicarase a modalidade Baku 2023 da FIDE tanto para o cálculo do
Buchholz dos rivais como do propio xogador

Premios:

Categoría Absoluta
Trofeo + 150€
Trofeo + 100€
Trofeo + 80€
Trofeo + 60€
Trofeo + 50€
Categoría Feminina
Trofeo + Libro
Categoría Sub-8
Medalla + Libro
Categoría Sub-10
Medalla + Libro
Categoría Sub-12
Medalla + Libro
Categoría Sub-14
Medalla + Libro
Categoría Sub-16
Medalla + Libro
Categoría Local
Trofeo + Libro

LOPD (Ley Orgánica de Protección de Datos)

Acetación

Os delegados de cada club e os xogadores inscritos autorizan á organización do campionato á difusión de información ou á utilización de imaxes ou do nome do equipo e dos seus xogadores nos medios de comunicación, transmisións ou en publicidade e memorias da competición, sempre que non representen menoscabo da súa honra ou reputación, ou que sexa contrario aos seus intereses, e sempre dentro do marco legal establecido no Código Civil, na Lei de Enxeñería Civil e na Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais.

Cesión de dereitos de imaxe

A inscrición neste torneo implica a aceptación das súas bases, así como a autorización expresa e voluntaria á ORGANIZACIÓN para utilizar de forma gratuita os vídeos, imaxes e/ou gravacións de son nos que interveña, mesmo aqueles facilitados por el mesmo coa finalidade de: Publicar na páxina web, así como en calquera das redes sociais ás que pertenza, ou outra publicación impresa e/ou dixital co fin de dar maior visibilidade e/ou difusión á actividade da Organización. Esta autorización refírese á totalidade dos usos que poden ter os vídeos, imaxes e/ou gravacións de son nas que apareza, utilizando os medios técnicos coñecidos na actualidade e os que poidan desenvolverse no futuro, e para calquera aplicación. Todo iso coa única excepción e limitación dos usos ou aplicacións que poidan atentar ao dereito ao honor nos termos previstos na Lei Orgánica 1/1982, do 5 de maio, de protección civil do dereito ao honor, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe. A autorización non establece ningún límite de tempo para a súa concesión nin para a explotación na que apareza, polo que se considera concedida por un prazo de tempo ilimitado.