♟️ Por favor, lembra que tal e como poñen as bases este é un torneo oficial e polo tanto fai falla estar federado. Emporiso, aos xogadores sen licencia federativa en vigor, que vos apuntedes con antelación suficiente, teredes a opción de federarvos este ano co equipo da Escola Xadrez Pontevedra. E a organización porase en contacto convosco con este motivo.

📧 É moi importante que achegues unha información de contacto válida para que a organización se poida poñer en contacto contigo se fora necesario. Gardaremos esta información únicamente dende o momento do rexistro e ata a celebración do torneo, e solo nos poremos en contacto contigo por motivos organizativos do torneo de este ano o III Internacional de Xadrez APECR 2026. Pasado o torneo eliminaremos esa información.

☎️ Se te vas rexistrar cunha dirección de correo electrónico á que non lle prestas moita atención, sería altamente recomendable que achegases tamén o teléfono.

⚠️ A imposibilidade, por parte da organización do torneo, de poder contactar por motivos organizativos cun xogador resxistrado pode resultar na baixa de dito xogador to torneo.

🚺 As xogadoras anotadas para a clasificación feminina tamén participan na categoría absoluta. As clasificacións das categorías adicionais á absoluta contabilízanse de maneira independente e non interfiren con esta.

❓ Para calquer dúbida ou problema, por favor contácta connosco empregando o formulario de contacto ou escribindo a info@xadrez-apecr.com

Formulario de inscrición


    SiNon
    SiNon
    SiNonNon (pero teño FIDE ID)

    Marca esta casiña se queres recibir aviso cando abramos inscrición do APECR 2027. Os teus datos non serán empregados para outros fins nin cedidos a terceiros.